A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo, a 1ª edición dun Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de
novembro e decembro de 2022, no Centro Cívico Cultural, na avenida do Balneario nº1 de Arteixo.
A inscrición, que é gratuíta e non precisa de estudos previos, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Arteixo (https://udcseniorarteixo.wordpress.com/ ) ou presencialmente a través Departamento de Educación do Concello de Arteixo, dende o 18 de outubro ata o 5 de novembro.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL
• Martes, 8 de novembro de 17:00 a 19:00: CAMIÑOS DA ARTE CONTEMPORÁNEA. Prof. José
Ramón Soraluce Blond
• Martes, 15 de novembro de 17:00 a 19:00: CATRO ETAPAS DA ARQUITECTURA ANTIGA GALEGA.
Prof. Álvaro José Iglesias Maceiras
• Xoves, 17 de novembro de 10:30 a 13:30: VISITA CULTURAL AO ENTORNO DA COMARCA
MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SOSTENIBILIDADE
• Martes, 22 de novembro de 17:00 a 19:00: AGRONOMÍA TERRESTRE. Prof. Federico Pomar
Barbeito
• Martes, 29 de novembro de 17:00 a 19:00: AGRONOMÍA DO MAR. Prof. Javier Cremades Ugarte
• Data por determinar, de 10:30 a 13:30: SAÍDA DE CAMPO AO ENTORNO DA COMARCA
MÓDULO III: SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
• Martes, 13 de decembro de 17:00 a 19:00: HÁBITOS SAUDABLES: ESTOUNO FACENDO BEN?. Prof.
Esther Fernández Fernández
• Martes, 20 de decembro de 17:00 a 19:00: EDUCACIÓN PARA A SAÚDE: EXERCICIO TERAPÉUTICO.
Prof. Isabel Raposo Vidal
• Xoves, 22 de decembro de 17:00 a 19:00: SESIÓN PRÁCTICA DE EXERCICIO TERAPÉUTICO
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase por vez primeira ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.