Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo pide a suspensión definitiva do proxecto dunha nova liña eléctrica tras a suspensión polo Tribunal Superior do parque eólico que conectaba

PUBLICACIÓN

Arteixo pide a suspensión definitiva do proxecto dunha nova liña eléctrica tras a suspensión polo Tribunal Superior do parque eólico que conectaba

17 Sep, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo pide a suspensión definitiva da construción dunha liña eléctrica de 13,7 quilómetros que pretendía conectar un parque eólico situado no municipio de Carballo e, en menor medida, en Laracha cunha subestación eléctrica en Morás.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou a suspensión cautelar da construción deste parque eólico que dependía da citada liña eléctrica para poder evacuar a enerxía producida na nova subestación do polígono de Morás, polo que desde o concello considérase que esta sentenza debería levar aparellada a anulación da proxectada liña eléctrica. O concello de Arteixo xa mostrara anteriormente a súa oposición; á construción dun tendido eléctrico de 13,7 km a través do municipio.
O concello presentara durante a tramitación desta declaración de impacto ambiental unhas alegacións nas que se demostraban os prexuízos que esta liña eléctrica ía ocasionar a unha zona que conta con proteccións ambientais moi importantes, como proba a súa pertenza á Reserva da Biosfera. Impacta de maneira directa en varios vales e outros recursos naturais de gran importancia no concello.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido