Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo oponse a que un parque eólico atravese a praia de Sabón

PUBLICACIÓN

Arteixo oponse a que un parque eólico atravese a praia de Sabón

24 Feb, 2022 | NOTICIAS

O Concello de Arteixo remitiu hoxe sendos informes técnicos, medioambiental e urbanístico, opoñéndose á liña de evacuación do novo parque eólico que atravesaría a praia de Sabón. Ambos escritos desaconsellan esta solución por considerala «moi perxudicial para o territorio».

Os informes sinalan que «o documento inicial asume como inevitable o dano medioambiental que se vai a producir coa elección da alternativa de aterraxe pola praia de Sabón a pesares de existir outra alternativa, a de aterraxe no Porto Exterior, que non produciría efectos adversos dende o punto de vista medioambiental».

Paralelamente, as dúas empresas impulsoras do parque pediron unha xuntanza no concello co obxectivo de expoñer o seu proxecto. O alcalde é claro ao respecto: “Arteixo vaisa a opoñer ao soterramento dunha liña de evacuación do parque eólico pola praia de Sabón». O alcalde asegura que o concello está «cansado» de que en proxectos tan estratéxicos como o que están impulsando as firmas Blue Float e Sener, que propoñen un parque marino con 35 eólicos frente ás costas de Ferrolterra, «nunca conten coa opinión da Administración local». “O máis grave é que se trata dunha praia incluida na Rede Natura, que ten todas as medidas de protección medioambientais, paisaxísticas e de sostenibilidade». «É algo inaudito plantexar unha infraestructura de este tipo, que afectaría á vida diaria dos veciños de Arteixo, sen planificación nin estudio previo», indicou.

Info urbanismo

Info medioambiente

Ir al contenido