Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo modifica a ordenanza das plusvalías para se adaptar á nova lei

PUBLICACIÓN

Arteixo modifica a ordenanza das plusvalías para se adaptar á nova lei

21 Feb, 2022 | NOTICIAS

O pleno ordinario de febreiro debaterá, a proposta da concellería de economía e facenda que dirixe Patricia Amado, a modificación da ordenanza fiscal número 5 co obxectivo de adaptala ao decreto que o Goberno central emitiu en novembro pasado e que tiña, daquela, un prazo de seis meses para a súa adaptación.

Arteixo xa non cobraba as plusvalías cando o transmisor non vendía un inmoble por máis do que fora adquirido sempre que fora solicitado polo cidadán. A partires de agora xa de poderá acoller a unha figura específica da ordenanza denominada «suxeito non adscrito a plusvaía» de forma automática na declaración da transmisión do inmoble que se fai de forma habitual.

Outra das novidades no cambio desta ordenanza é que a partir de agora tamén cambia o cálculo do imposto no que efectivamente existe unha plusvalía por pagar debido a que existe unha ganancia. Nese caso, o concello aplicará a partir de agora un novo tipo de fórmula para calcular a base imponible: a modificación da lei permite facelo de dúas formas denominadas Obxectiva e Real. O Concello aplicará sempre a fórmula de cálculo máis beneficiosa para o cidadán. Esta aplicación provocará un descenso da cuantía media do imposto en Arteixo, unha rebaixa impsoitiva que o municipio xa aplicaba ao bonificar o 95% do imposto de plusvalía no caso de mortis causa en todo o caudal hereditario, é dicir, en todas as propiedades inmobiliarias que se herden debido á morte dun familiar. Según un estudo administrativo, Arteixo é o único concello da área coruñesa, incluída a cidade, no que se bonifica todo o caudal hereditario. O pasado ano Arteixo bonificou preto de 800.000 euros aos cidadáns por este concepto.

O alcalde Carlos Calvelo sinala sobre os cambios neste imposto que «a liña do noso goberno persegue que os impostos procedentes da industria sirvan para alixeirar as cargas impostivas dos veciños». «Temos que aproveitar a chegada de novas industrias a polos de atracción como o Porto Exterior ou a potenciación de industrias xa existentes en lugares como o Polígono de Sabón para que o veciño obteña os maiores servizos a través dos impostos e taxas máis baixos que sexa posible acadar dentro das competencias municipais».

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido