Arteixo poderá solicitar a colaboración e asesoramento técnico de calquera traballador de calquera concello de España cando careza de persoal cualificado nesa materia dentro da súa propia administración.
É a principal consecuencoa do convenio marco interadministrativo de colaboración en materia de recursos humanos que onte aprobouse en pleno. O obxectivo é fomentar a colaboración «horizontal» con outros municipios cos que compártense funcións, problemáticas e experiencias.
O convenio permitirá que cando o concello de Arteixo necesite a colaboración dun trabajador xa terá preparado e aprobado un documento marco para firmar con outro concello e permitir así a colaboración puntual do traballador.
Esta colaboración xa se produciu anteriormente en Arteixo coa aprobación da taxa de aproveitamento do dominio público local, que o concello aprobou cobrar ás empresas suministradoras de electricidade e gas pola súa utilización do suelo público á hora de transportar electricidade ou gas. Tamén hai exemplos nos que outros municipios se interesaron pola xestión de Arteixo, por exemplo, coa municipalización do servizo de auga ou a recollida do lixo