Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo dispón doce prazas para unha nova campaña de esquí da Deputación de A Coruña

/ Arteixo dispón doce prazas para unha nova campaña de esquí da Deputación de A Coruña

A Deputación de A Coruña organiza a Campaña de Esquí 2022, que terá lugar na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para nenos e nenas de toda a provincia, de 12 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2021). Os participantes gozarán de catro días na estación invernal, ademais dos cursos de esquí.

Ao Concello de Arteixo concedéronlle 12 prazas para rapaces empadroados en Arteixo, correspondéndolle a cuarta quenda, do 4 ao 7 de febreiro de 2022. O transporte desde a comarca, tanto de ida como de volta está incluído na oferta. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.

Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.

Máis información: https://www.dacoruna.gal/deportes/esqui-2

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  1. PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 14 de decembro antes das 14.00 h
  2. Descarrega o formulario aquí
    • No Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h
    • Na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
  3. SORTEO PÚBLICO. No suposto que existan máis solicitudes que prazas ofertadas (13) realizarase un sorteo público ante o Secretario Municipal que terá lugar o mércores 15 de decembro ás 09.30 h no salón de plenos municipal.
  4. MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 23 de decembro. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación, non será admitida:
    • Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
    • Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
    • Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
    • No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación
      específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
  5. Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera.
Ir al contenido