Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo dispón de trece prazas nos campamentos de verán da Deputación de A Coruña

/ Arteixo dispón de trece prazas nos campamentos de verán da Deputación de A Coruña

Máis de 300 rapaces e rapazas dos concellos da provincia da Coruña participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación de A Coruña

Ao Concello de Arteixo correspóndelle 13 prazas, na terceira quenda, do 10 ao 15 de xullo.

Os interesados deben de cubrir o formulario de preinscrición e entregala de forma presencial no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org O prazo finaliza o 20 de maio

En caso de que as preinscricións sexan máis das 13 prazas concedidas a este Concello realizarase un sorteo público no salón de plenos municipal o 24 de maio de 2022 ás 11.00 h horas.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013, empadroados en Arteixo e desenvolveranse no IES Rosalía Mera de A Coruña. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención.

Ir al contenido