A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva pon en marcha os campamentos deportivos deste verán destinados a máis de 400 rapaces e rapazas dos concellos da provincia.
Ao Concello de Arteixo correspóndenlle 10 prazas na 2ª quenda, do 9 ao 14 de xullo, dirixidas a a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, empadroados en Arteixo e desenvolveranse no IES Rosalía Mera da Coruña.
O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe aloxamento e manutención.
Os interesados deben cubrir o formulario de preinscrición e entregalo no Servizo Municipal de Deportes de forma presencial ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org.
O prazo de inscrición remata o 7 de xuño.
No caso de ter máis solicitudes que as prazas concedidas a este Concello, realizarase un sorteo público no salón de plenos da Casa do Concello o día 9 de xuño de 2023 ás 09.30 horas.