O Concello leva a todos os sectores da sociedade a elaboración da estratexia e dos plans e proxectos en marcha que condicionan o desenvolvemento de Arteixo. Será na Conferencia Estratéxica «Un futuro compartido» que se desenvolverá no Centro Cívico de Arteixo o próximo 16 de febreiro.
O obxectivo é facilitar un primeiro encontro entre as distintas entidades e actores do municipio co gallo de coñecer mellor as necesidades e aspiracións do municipio, así como as estratexias e accións máis prioritarias que se levan a cabo, ou están previstas, desde ámbito de actuación local.