O Concello inicia así unha nova vía para acadar a gratuidade da autovía
Arteixo abre unha nova vía que permita acadar a retirada da peaxe de Pastoriza cunha denuncia diante da Comisión Europea. O Concello advirte do mal uso de 20 millóns de euros de fondos europeos que foron destinados a construir novos carriles de circulación de vehículos paralelos aos actuais da peaxe.
O concello encargou a despacho de avogados Calixto Escariz, especializados en dereito administrativo, a elaboración desta demanda.
O concello pretende que os «carriles da vergoña» construidos por Fomento e gratuitos para acceder ao Porto Exterior teñan o mesmo tratamento de libres de peaxe a todos os vehículos que diariamente circulan por esa vía.
Mentres, o concello tamén continúa coa loita legal que pretende tumbar o estudo informativo polo que o Ministerio de Fomento descarta a retirada da peaxe de Pastoriza coa presentación dun incidente de nulidade diante do Tribunal Supremo despoisde que o mesmo desestimara un recurso de casación. A Audiencia Nacional fallou en contra das tesis do concello, que sinalan que o estudo informativo de fomento foi realizado con criterios arbitrarios.