Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo denuncia ante o Ministerio de Transportes o mal estado da A6 ao seu paso polo municipio

PUBLICACIÓN

Arteixo denuncia ante o Ministerio de Transportes o mal estado da A6 ao seu paso polo municipio

1 Feb, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo poñerase en contacto coa Dirección Xeral de Estradas, dependente do ministerio de Transportes e Movilidad, para solicitar unha rápida intervención no tramo da autovía A-6 que pasa por Arteixo debido ao “lamentable” estado do firme, que mesmo presenta fochancas.
Tendo en conta que é unha vía de alta capacidade na que se alcanzan altas velocidades, o concello esixe ao Estado que proceda á súa reparación, xa que a falta de mantemento que desde hai anos sofre a autovía está a aumentar o risco de accidentes debido á inestabilidade nos vehículos que provoca o firme.
Esta situación afecta tanto a vehículos particulares e aos transportistas profesionais, que xa se queixaron anteriormente do mal estado xeral da A- 6. Organizacións de transportistas como TRADIME ou asociacións como Stop Accidentes expresaron as súas queixas sobre a A-6, e cualifican como “lamentable” o seu estado e como dunha “situación de precariedade” o mantemento dunha autovía que necesita no tramo que percorre o concello de Arteixo unha reparación integral.
Á parte do perigo, os transportistas tamén se queixan dos danos que pode causar este mal estado da estrada, sobre todo en canto á “amortiguación” ou as rodas dos camións que utilizan a A-6.
Os usuarios tamén alertan de que “hai tramos da A-6 que non se circula polo carril de aceleración, vaise polo medio, basicamente porque é intransitable que un camión cargado con corenta toneladas poida circular polo carril de aceleración”.
A Dirección Xeral de Estradas é a encargada de xestionar a planificación, o proxecto, construción, conservación e explotación das estradas estatais para que os cidadáns poidan dispoñer dunhas adecuadas infraestruturas. Un dos seus obxectivos pasa pola conservación e á mellora da seguridade, pois como o propio organismo lembra “aproximadamente un 90% do tráfico interior de persoas e mercadorías móvese por estrada”. Neste sentido, o tramo da A-6 en Arteixo é a comunicación principal dos polígonos empresariais de Sabón e Morás, ademais de servir de conexión con outros concellos como A Coruña, Culleredo ou Cambre.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido