O Pazo dos Deportes de Arteixo acolle o vindeiro 18 de xaneiro, e coa organización do Judo Club Arteixo e a colaboración do Servizo Municipal de Deportes, a terceira xornada da Liga de Judo Rías Altas na que se darán cita máis de 700 deportistas e 1.500 espectadores repartidos en dúas quendas de mañán e tarde.
Nesta xornada de competición danse cita deportistas da categoría alevín, infantil e cadete en formato individual e a categoría absoluta por equipos, contando coa representación de máis de vinte clubes de diferentes partes de Galicia.
O club aproveita a oportunidade para levar a cabo unha formación profesional relacionada co adestramento de Judo adaptado para persoas con discapacidade, así como para cerrar a fin de semana o domingo cunha xornada de Judo en familia na que país, nenas e nenos compartirán momentos de diversión e aprendizaxe.
O colofón final ven coa participación do medallista nacional “Rubén Perrino” nunha masterclass para todos participantes que queiran participar.