Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo celebra o 1 de maio a súa XXIII Carreira Popular

/ Arteixo celebra o 1 de maio a súa XXIII Carreira Popular

Aberto o prazo para inscirbirse na XXIII Carreira Popular Concello de Arteixo que se celebrará o vindeiro luns 1 de maio. A proba está organizada polo Concello de Arteixo e conta coa colaboración de diversas entidades deportivas e empresas patrocinadoras.Trátase dun dos eventos deportivos máis multitudinarios da comarca. A XXIII edición da carreira popular serve, un ano máis, para apoiar ás persoas con diversidade funcional que poden competir na proba, en categorías especiais. Como novidade, nesta edición o día da proba haberá dúas carpas de dúas entidades sociais.

  • Por unha banda o Banco de Alimentos Rías Altas coa que, todas as persoas que desexen axudar voluntariamente a esta entidade, poderán facelo doando o que considere cada quen, con alimentos non perecedoiros preferentemente (leite, cacao, fariña, azucre, aceite, conservas, cereais para o almorzo, salsa de tomate, leite infantil e potiños infantís) na carpa habilitada para tal fin no día da carreira.
  • A outra presenza será a entidade Stop Leucemia, Fundación contra o Cancro Hematolóxico, na que todas as persoas que libremente estean interesadas, tamén poderán colaborar coa dirixíndose á carpa que terán situada preto da saída e meta.

As persoas participantes na carreira sénior enfrontarán unha distancia de 11.600 metros. O resto de categorías terán un percorrido acorde á súa idade. Cada quilómetro do trazado estará sinalizado e haberá avituallamentos no quilómetro 6 e á finalización da proba.

O prazo para formalizar a inscrición, totalmente gratuíta, rematará o próximo luns 24 de abril ás 23´59h, para inscribirse obrigatoriamente hai que facelo neste enlace

O mesmo luns 1 de maio desde as 10.00 h haberá actividades complementarias gratuítas de dinamización (taller de iniciación ao atletismo, xogos populares…)

Ir al contenido