Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo, Carballo e Laracha unen esforzos para crear unha gran área loxística

PUBLICACIÓN

Arteixo, Carballo e Laracha unen esforzos para crear unha gran área loxística

3 Jun, 2022 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Arteixo, Carballo e A Laracha redactarán unha estratexia conxunta co obxectivo de se converter, unidos, nunha gran área loxística con epicentro no porto exterior de Punta Langosteira.

É a conclusión principal do encontro que hoxe mantiveron os alcaldes dos tres municipios que manexan unha poboación conxunta de 75.000 habitantes.

Carlos Calvelo, Evencio Ferrero e José Manuel López Varela coinciden na necesidade de redactar un plan común que articule a mobilidade entre os tres municipios e no que se establezan as infraestruturas viarias e ferroviarias que é preciso crear ou renovar. A proposta céntrase na realización dunha análise funcional das estruturas de base actuais que permita aproveitar as vantaxes da rede existente ao mesmo tempo que expoña as posibilidades e oportunidades para a súa mellora.

Neste sentido, unha das cuestións fundamentais será definir e favorecer as relacións entre os nodos de intermodalidade para ofrecer solucións que integren a mobilidade residencial coa industrial e a loxística. Exemplos de intervencións concretas serían a reestruturación dos transportes colectivos -tanto tren como autobús- e o establecemento de aparcamentos disuasorios, entre outras.

A Laracha, Carballo e Arteixo promoven este proxecto transformador e con visión de futuro centrado en incrementar o potencial de desenvolvemento económico do eixo industrial, pero tamén en facilitar a mobilidade das persoas e cunha clara perspectiva de sostenibilidade ao apostar polos transportes colectivos para reducir o uso dos vehículos particulares. O documento redactarase coa finalidade última de presentalo ás administracións competentes -Xunta de Galicia e Goberno de España- e poder optar a fondos europeos para o seu financiamento.

Unha vez máis, os tres alcaldes reiteraron a importancia de que os concellos compartan estratexias de futuro e unha visión conxunta do territorio na procura do beneficio común de potenciar o desenvolvemento económico do eixo industrial Arteixo-A Laracha-Carballo.

Ir al contenido