Arteixo e a Autoridade Portuaria investirán case 2,9 millóns de euros nunha nova obra de saneamento en Suevos e Langosteira
O Concello acorda coa Autoridade Portuaria impulsar un proxecto de saneamento que permitirá reforzar a rede da parroquia de Suevos e conectar o Porto Exterior de Langosteira coa estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Bens. A actuación terá un custo...
Corte de auga programado en diversos puntos de Arteixo para acometer melloras na rede
SUMARTE (Servizos Urbanos Municipais de Arteixo) anuncia un corte no suministro de auga entre a madrugada do xoves 8 de maio e a mañá do venres 9 de maio. Será entre as 00:00h e as 07.00h aproximadamente. O corte débese a traballos que se levan a cabo para acometer...
Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia
A Deputación da Coruña convoca a sétima edición dos Premios PEL: Premios ás mellores iniciativas empresariais da provincia (PEL-EPR PREMIO 2025), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego...
Deportes incrementa nun 50% o número de prazas para os cursos veraniegos de surf
O Servizo Municipal de Deportes presenta os Cursos De Verán Municipais de Surf 2025, co fin de promover hábitos de vida saudables na poboación infantil do Concello de Arteixo. Ofértanse 360 prazas nos 20 cursos semanais de dez horas de duración. Trátase dun...
O Día das Letras Galegas canaliza a programación dos centros sociais no mes de maio
Os centros sociais do concello chegan ao mes de maio cargados de actividades que teñen como fío condutor as letras galegas. Propostas para toda a familia que se desenvolverán en cada un dos centros municipais que propoñen unha alternativa para a conciliación da...
Chega «ArteiXoven Baila» para dar ritmo á mocidade
Baile latino, danza urbana e taller de danza. O Departamento de Xuventude pon en marcha ArteiXoven Baila. Para a mocidade de 12 a 30 anos. Trátase dunha actividade gratuita, por inscrición, que se desenvolverá os días 3 e 10 de maio na Terraza Xardín do Balneario....
