Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo adicará 55.000 euros a axudas para persoas con diversidade funcional

PUBLICACIÓN

Arteixo adicará 55.000 euros a axudas para persoas con diversidade funcional

15 May, 2021 | AXUDAS, NOTICIAS

O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o 31 de outubro próximo

O Concello abre as axudas á mobilidade destinadas a persoas con diversidade funcional que acrediten algún tipo de dependencia.

A concelleira Inés Ramos indica que investirán, o ano próximo, entorno aos 55.000 euros.

As axudas servirán para sufragar os gastos de persoas con mobilidade reducida e con dependencia que no poden usar o transporte público, para acodir a centros de rehabilitación, centros de día ou centros ocupacionais.

As solicitudes deben de presentarse no Centro de Servizos Sociais de Arteixo, no centro sociocultural de Meicende ou no centro sociociltural de O Froxel.

O prazo estará aberto ata o 31 de outubro de este ano.

As axudas á mobilidade son un servizo público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente para acercar ás persoas con dependencia ou con taras que reúnan os requisitos esixidos para o uso do mesmo, a centros, programas e servizos. Para ser usuario do servizo hai que estar empadroado en Arteixo, ter recoñecida unha situación de dependencia e sofrir a imposibilidade de usar transportes colectivos.

Actualmente este servizo realízase a través dos taxistas de Arteixo que tras chegar a un acordo co colectivo que ofrece a posibilidade, en caso necesario, de usar vehículos aptos para persoas con discapacidades severas.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido