Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo adica máis de 300.000 euros a sibvencións deportivas en 2022

/ Arteixo adica máis de 300.000 euros a sibvencións deportivas en 2022

Arteixo invertirá 317.000 euros en subvencións deportivas ao longo de 2022.

Trátase de axudas que se conceden a través das bases de concurrencia competitiva aprobadas no pleno de hoxe. As axudas deportivas beneficiarán a máis de trinta asociacións de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños.

O obxecto desta convocatoria ven a desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local, destinadas a apoiar a entidades deportivas e deportistas individuais.

Admitiranse como beneficiarios a deportistas de entidades deportivas de Arteixo, de alto nivel recoñecidos polos organismos competentes independentemente de que o seu club sexa beneficiario da subvención. Neste caso atoparíanse os deportistas que na data da solicitude sexan recoñecidos como DGAN (Deportistas Galegos de Alto nivel), ou deportistas DAN ( deportistas de Alto Nivel), que así estén nomeados por resolución da presidencia do Consejo Superior de Deportes e en consecuencia aparezan publicados como tales no correspondente BOE. No caso de deportistas que sexan no momento da solicitude medallistas nacionais da súa modalidade, valorarase por unha comisión avaliadora si procede ou non a percepción da subvención.

O pleno tamén aprobou a nova ordenanza que regula o imposto municipal de plusvalía, que adapta a normativa de Arteixo o novo decreto/ley que impide cobrar a plusvalía cando se venda un inmoble sen ganancia, unha situación que o municipio xa estaba aplicando pero que agora está na normativa.

Ir al contenido