Arteixo é a sede escollida para acoller, entre o 7 e o 13 de xuño próximos, as II Xornadas Internacionais da Madeira.
Trátase dunha iniciativa da Axencia Galega da Industria Forestal en en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga.
As xornadas, que tamén inclúen un Taller de deseño e construción con madeira, céntranse na relación Tecnoloxía-Proxecto a través de tres escalas vinculadas, Territorio-Arquitectura-Moble, e formúlase o deseño e a construción dunha instalación artística de carácter efímero, experimental, dende unha posición de respecto e posta en valor dun espazo de alta calidade paisaxística e medioambiental, valorando aspectos topolóxicos, tectónicos e tipolóxicos, buscando solucións de convivencia entre «artefacto» e natureza.
Acodirán como titores invitados Sebastián Erazo Fischer que é Arquitecto e deseñador en París; e Stefano Pugliese Arquitecto e deseñador. Milán, Italia. Profesor en Faculty of Fine Arts and Design. EU, Izmir Turkey.