O pazo dos deportes de Arteixo acolle o vindeiro 20 de xaneiro, e coa organización do Judo Club Arteixo, a terceira xornada da Liga de Judo Rías Altas na que se darán cita máis de 700 deportistas e 1.500 espectadores repartidos en dúas quendas de mañán e tarde.
Nesta xornada de competición danse cita deportistas da categoría alevín, infantil, cadete en formato individual e a categoría absoluta por equipos, contando ca representación de clubes de diferente partes de Galicia.
O club aproveita a oportunidade para realizar unha xornada de Judo en familia na que país, nenas e nenos compartirán momentos de diversión e aprendizaxe.
A entrada para o público xeral é de balde.