O Pazo dos Deportes de Arteixo será escenario da gran final provincial de Xogade de Grupos Show de Patinaxe Artística, unha cita que reunirá aos mellores clubs da provincia da Coruña.
O evento, o domingo 8 de xuño, forma parte do programa Xogade, unha iniciativa da Xunta de Galicia que promove a práctica deportiva en idade escolar, impulsando valores como o esforzo, a convivencia e o espírito de superación.
Tras as dúas semifinais disputadas en Arteixo (zona norte) e Ribeira (zona sur), os grupos finalistas enfrontaranse por subir ao podio nesta esperada final.
A xornada comezará cos quecementos a partir das 16:00 horas, mentres que a competición, aberta ao público, dará comezo ás 18:00 horas, ofrecendo un espectáculo cheo de emoción, arte e talento xuvenil como unha seda.
O evento está organizado polo Club Patín Axel Arteixo, en colaboración coa Xunta de Galicia, e conta co apoio do Servizo Municipal de Deportes de Arteixo, que apoia firmemente o desenvolvemento do deporte basee no municipio.
O público poderá gozar dunha tarde inesquecible de deporte e arte sobre patíns.