Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo abriu hoxe unha estación de lavado e mantemento para bicicletas para uso dos veciños

PUBLICACIÓN

Arteixo abriu hoxe unha estación de lavado e mantemento para bicicletas para uso dos veciños

31 Ago, 2021 | NOTICIAS

O Concello de Arteixo abre unha estación de lavado e  de mantemento para bicicletas con ferramentas e unha bomba de aire con manómetro, posta a disposición da veciñanza totalmente gratuíta. O equipamento consigue satisfacer a demanda dos clubes e deportistas do municipio, e está situada no aparcamento do campo de fútbol municipal, sito na avenida de Arsenio Iglesias. A instalación pecha as once da noite e estará aberta desde primeira holra da mañá.

A inversión ascence a 7.200 euros, e o plan do concello é seguir construindo outras instalacións de este tipo en outros lugares de concello se esta ten éxito.

O municipio de Arteixo é un concello de referencia para a práctica deportiva e recreativa das distintas disciplinas ciclistas, e ten dous clubes como son o Arteixo MB3 e Os Jarnachas, que organizan probas ciclistas e que reciben subvencións do concello tanto para a organización de probas como para o mantemento de escolas de ciclismo. Á parte dos practicantes do concello, tanto federados como afeccionados, o municipio é visitado por moitos afeccionados doutros concellos limítrofes.

Arteixo ten marcadas e sinalizadas como específicas de bicicleta de montaña arredor de 83 kilómetros, que conforman dúas rutas principais, unha pola costa e otra polo interior. A maiores ten numerosas sendas e camiños públicos (o paseo marítimo e o paseo fluvial serían os máis populares) que son utilizados polos ciclistas. As parroquias de Loureda, Morás, Larín, Barrañán, Sorrizo ou Chamín son visitadas a diario polos afeccionados o ciclismo.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido