Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Aprobamos as expropiacións necesarias para humanizar a avenida de Caión e as rúas Esqueiros e Ribazos

PUBLICACIÓN

Aprobamos as expropiacións necesarias para humanizar a avenida de Caión e as rúas Esqueiros e Ribazos

23 Ene, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo aprobou esta semana en comisión a expropiación de sete fincas para acometer a humanización dun tramo da avenida de Caión, a rúa Esqueiros e a rúa Ribazos.

Son en total pouco máis de 400m2 de expropiación e convocouse o próximo 22 de febreiro aos propietarios para proceder ao pago e que o concello ocupe os terreos.

É o primeiro paso para acometer un investimento de preto de 800.000 euros cuxa licitación está na fase final de tramitación. A obra comezará no mes de abril e ten unha duración estimada de seis meses.

A actuación enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia polo que o 80% está financiada por fondos europeos, e ten como obxectivo lograr un desenvolvemento sostible nos municipios e propiciar a implantación de zonas de baixas emisións. O proxecto contempla actuacións para acougar o tráfico rodado como tratamentos do pavimento e resaltos, ampliación de beirarrúas e creación de zonas sen coches, así como disposición de valos e xardineiras entre beirarrúas e calzadas.

Búscase mellorar a calidade e seguridade da contorna dos centros escolares en zonas como a avenida de Caión, a Rúa Esqueiros e Rúa Ribazos, reducindo o fluxo de vehículos privados e a súa velocidade.

O investimento ten como obxectivo que o peón teña máis protagonismo e revisaranse os cruces –tamén os semáforos e os seus ciclos–, os pasos de peóns e o mobiliario urbano, coidando o aspecto estético. Potenciaranse os elementos de sombra ao longo dos itinerarios e colocaranse bancos, fomentando tamén o uso de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. Ademais, renovarase a iluminación con tecnoloxía led para reducir o consumo de enerxía.

Como apunta o propio proxecto proponse executar “unha humanización da contorna, proporcionando un  espazo seguro para os transeúntes dando prioridade ao peón sobre o vehículo”.

Para iso limitarase a 20 ou 30 quilómetros hora a velocidade nos itinerarios seguros, entre outras medidas. O contrato atópase na fase final de adxudicación e ten un valor estimado de máis de 800.000 euros, cun prazo de execución de seis meses desde a súa adxudicación. Estímase que a obra comezará en abril.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido