O Concello de Arteixo informa que o luns 18 de agosto de 2025, ás 10:00 h, terá lugar o acto público de apertura das ofertas presentadas para a concesión administrativa de dominio público relativa á explotación do bar-cafetería do Centro Multiusos de Roris – Armentón.
A sesión desenvolverase de forma presencial no Salón de Plenos da Casa Consistorial (praza Alcalde Ramón Dopico s/n).
Esta apertura realízase de acordo coa cláusula 10 do PCAP, e permitirá coñecer as propostas das persoas licitadoras para a xestión deste servizo municipal.