Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Alegación tipo contra o parque eólico de Pedra Queimada

PUBLICACIÓN

Alegación tipo contra o parque eólico de Pedra Queimada

22 Jul, 2022 | NOTICIAS

O Concello pon a disposición da veciñanza a alegación tipo que poderán utilizar para se opoñer ao parque eólico de Pedra Queimada, en Monteagudo.

O prazo para presentala finaliza o próximo 17 de agosto.

O Concello está en contra da instalación dun novo aeroxenerador na zona de Pedra Queimada, na parroquia de Monteagudo no seu linde coa Laracha e Carballo, debido ao seu negativo impacto ambiental e a súa proximidade a núcleos rurais.

O Concello actúa así do mesmo xeito que fixera no parque de Santa Leocadia para o que tamén preparou unha alegación tipo que puxo a diposición da veciñanza. Tamén esta administración manterá a mesma posición respecto da liña eléctrica de evacuación que abastece a outro parque situado en Carballo.

En todos os casos o Concello, ademáis da alegación tipo facilitada á veciñanza, presentará informes técnicos en contra da instalación de aeroxeneradores.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido