Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

O vindeiro xoves 19 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as actividades extraescolares. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procederase á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido.

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 20 de agosto na páxina web municipal. As persoas admitidas terán un prazo (23 – 27 de agosto) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario, procederase á anulación da praza.

O recibo de pagamento poderase solicitar de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) con cita previa nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación; ou a través das direccións de correo electrónico deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do un de setembro.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).

Solicitantes

Ir al contenido