Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Actividades extraescolares 2022-2023 resultado sorteo

/ Actividades extraescolares 2022-2023 resultado sorteo

Adxuntamos listaxe de persoas admitidas nas actividades extraescolares, como resultado do sorteo público celebrado o día 10 de agosto de 2022 ás 11.00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo, o que o resultado foi o que consta no documento que acompaña esta publicación.

As persoas admitidas terán un prazo (16-26 agosto) para formalizar a matrícula das actividades, debendo entregar o xustificante de pagamento exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou Educación. No caso contrario procederase á anulación da praza.

O recibo de pagamento poderase solicitar de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00h a 14.00 h) nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou Educación, ou a través das direccións de correo electrónico deportes@arteixo.org e educacion@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito.

De quedaren prazas libres seguirán facéndose inscricións directas a partir do día 1 de setembro.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/cidadania/ovt/pagos-online/)

Ir al contenido