Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Abrimos ao público a nova praza de Sol e Mar

PUBLICACIÓN

Abrimos ao público a nova praza de Sol e Mar

20 Nov, 2023 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Xa está aberta ao público a nova praza central de Sol e Mar, que foi totalmente reformada tras un investimento de 402.000 euros e que pasa a se denominar Praza de Galán.
O obxectivo pasaba por lograr que os veciños do barrio gozasen dun novo lugar de encontro e co obxectivo de dinamizar un lugar que estaba desaproveitado debido a un deseño deficiente que non cumpría cos requisitos mínimos de accesibilidade. A nova praza é a arteria central desta gran zona de vivendas situada na parroquia de Oseiro.
O proxecto logrou o obxectivo de crear dunha gran área de lecer con diferentes zonas: parque infantil, recintos biosaudables e áreas verdes de descanso. Situada no extremo suroeste do barrio de Sol e Mar, é unha praza lonxitudinal de 115 metros de longo por 24 metros de ancho, con bloques contiguos de edificios a ambos os dous lados, de baixo e tres alturas, e que desde a zona da rotonda que une as rúas Quevedo e Calderón da Barca vai descendendo para salvar un desnivel en dirección noroeste.
Este espazo estaba deseñado de forma acorde coa época na que comezou a construírse o barrio, polo que os distintos niveis solucionáronse no seu día mediante estruturas de formigón e noiros vexetais que na actualidade non cumprían coas normativas de accesibilidade. Estas carencias provocaban que os residentes na zona apenas utilizasen esta praza, ante o que o Concello de Arteixo introduciu a reforma desta praza no plan estratéxico investidor dos Fondos Feder concedidos ao municipio. Este investimento tiña como principal obxectivo decidiu recuperar a funcionalidade do lugar como unha peza fundamental para a rexeneración de todo o barrio.
As plataformas circulares resultantes teñen 80 metros cadrados de superficie e están unidas por outras máis pequenas, mentres que unha rampla-percorrido abarca aproximadamente a metade do perímetro de cada círculo. O aspecto do espazo presenta unha forma serpenteante, creando unha nova sección que carece de grandes saltos de nivel e, por tanto, de barreiras construtivas que dificulten esa percepción de conxunto. Cada plataforma circular configúrase como unha plazuela de estancia e descanso sostida por muretes pétreos formados por gaviones, o que facilitará a drenaxe das terras contidas ao estar formados por gaiolas de malla de aceiro galvanizado con pedras soltas de granito.
As obras, ademais, implicaron a renovación da vexetación. Ao distribuír as novas árbores de folla caduca nesas franxas verdes laterais, liberouse ese eixo central formado pola concatenación de plazuelas abertas ao horizonte e a rampla que as vai circundando e, doutra banda, mellorouse a protección visual e acústica das vivendas na época de maior uso do espazo público (meses estivais), á vez que se garantiu o soleamiento nos meses de inverno. O mobiliario e a iluminación completaron un proxecto que renova totalmente esta praza coa fin de dotala de comodidade, accesibilidade e seguridade.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido