Unha vez rematado o prazo de renovación, o Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas vacantes nas escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2025/2026. A continuación lembramos que para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento:
NOVAS INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
- O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo nesta ligazón: Folla solicitude inscrición prazas vacantes. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
- No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
Exposición de persoas preinscritas: 19 de agosto na páxina web municipal.
Prazo subsanación erros: 20 – 22 de agosto na páxina web municipal.
Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 25 de agosto na páxina web municipal.
Sorteo público: 26 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo
Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 29 de agosto na páxina web municipal.
Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (1 ao 12 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo