Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Aberto o prazo para o banco de instrumentos

/ Aberto o prazo para o banco de instrumentos

Qué é o banco de instrumentos? É un sistema de préstamo de instrumentos para que o alumnado da Escola empadroado poida realizar a súa aprendizaxe cando non dispoña de instrumento propio.

Cando se pode solicitar? O prazo é do 21 ao 31 de agosto de 2023.

Quen pode solicitar? Alumnado empadroado matriculado na Escola Municipal de Música na disciplina de práctica instrumental.

Cómo se solicita?

–   Presencialmente: No rexistro do Departamento Municipal de Educación (non é precisa cita previa): Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia), de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

–  Telemáticamente: a través do rexistro da Sede   electrónica municipal..

 Documentación a aportar:

  • Modelo normalizado de solicitude
  • Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da persoa para a que se solicita o préstamo, dos proxenitores ou dos representantes legais segundo proceda.
  • Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitua.

Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios do ano fiscal que corresponda das persoas que integran a unidade familiar con idade laboral. As persoas non obrigadas a declarar presentarán tamén a dita autorización. En todo caso, é obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente nos seus datos fiscais coa AEAT

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Departamento Municipal de Educación

Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia)

981 659 121 – 981 659 122

educacion@arteixo.org

Ir al contenido