Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O pleno aproba as bases para adxudicar os 367.000 euros que adicamos a subvencións a entidades deportivas este ano

/ O pleno aproba as bases para adxudicar os 367.000 euros que adicamos a subvencións a entidades deportivas este ano

O Concello de Arteixo aprobará mañán en pleno a convocatoria de subvencións para actividades deportivas no 2024.

Unha vez aprobadas en pleno, o concello serguirá os trámites administrativos para abrir o prazo de presentación da documentación, que previsiblemente se realizará en abril.

A finalidade da convocatoria consiste na promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no concello de Arteixo, apoiando ás
entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma a organización de programas de fomento de actividade física saudable e aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición.

As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas.

Serán un total de 367.000 euros invertirá o concello no 2024 en subvencións , bolsas e outras axudas deportivas. As axudas deportivas beneficiarán a máis de trinta asociacións de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños.

O obxecto desta convocatoria ven a desenvolver as actuacións de promoción do deporte en beneficio do desenvolvemento deportivo local, destinadas a
apoiar a entidades deportivas e deportistas individuais. Admitiranse tamén como beneficiarios a deportistas de alto nivel recoñecidos polos organismos competentes independentemente de que o seu club sexa beneficiario da subvención.

Neste caso atoparíanse os deportistas que na data da solicitude sexan recoñecidos como DGAN (Deportistas Galegos de Alto nivel), ou deportistas DAN (deportistas de Alto Nivel), que así estén nomeados por resolución da presidencia do Consejo Superior de Deportes e en consecuencia aparezan publicados como tales no correspondente BOE. No caso de deportistas que sexan no momento da solicitude medallistas nacionais da súa modalidade, valorarase por unha comisión avaliadora si procede ou non a percepción da subvención.

Ir al contenido