NORMATIVA APLICABLE
- Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 11/02/2022)
- Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión de alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 08/11/2022)
CALENDARIO
Do 1 ao 20 de marzo: Presentación das solicitudes ordinarias de admisión
Do 21 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido, indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación.
15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido
Do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula no centro asignado en Educación Infantil e Primaria
INSTRUCCIÓNS
A solicitude de admisión de alumnado (ED550B) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Cada solicitude pode conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia e alegaranse os criterios de admisión que se pretenda que se valoren. Esta solicitude de admisión, dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do/a alumno/a, debendo constar consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros da unidade familiar e consentimento, coa excepción do consentimento da persoa agresora en casos de violencia de xénero.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA (CANDO ASÍ O REQUIRA O CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR)
As persoas interesadas, deberán presentar, de forma presencial, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar, a seguinte documentación:
- Anexo II – bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
- Documento acreditativo da representación
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberá presentar a sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a 1 ano, deberá presentar, ademáis, escritura de compra, contrato de aluguer ou título que lexitima a ocupación da vivenda, así coma recibos acreditativos do pago de subministros (auga, luz…)
- Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta allea: contrato de traballo no que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
- Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta propia: certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo de traballo, a licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar dado de alta en dito censo.
- Lugar de traballo. Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal no que conste o enderezo do centro de traballo
- Libro de familia ou certificación de parto múltiple
- Documentación xustificativa da condición de familia monoparental
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración automómica
-
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, de acordó co artigo 5 da Lei 11/2007, de 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Certificado de vítima de terrorismo, de acordo coa Lei 29/2011, de 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas de terrorismo
- Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.
CENTROS ESCOLARES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO TERMO MUNICIPAL DE ARTEIXO
Escolas de Educación Infantil
- EEI Barrionovo. Praza da escola, 1. 15140. Pastoriza. Tlf 696846412
- EEI Vilarrodís. Rúa Carlos Maside, 16. 15141. Vilarrodís.Tlf 616466312
- EEI Larín. Lg Casanova, 3. 15144. Larín. Tlf 981606212
- EEI Lagoa. Lg da Lagoa, 16. 15144. Sorrizo. Tlf 981646930
- EEI Rorís. Lg Rorís, 12. 15144. Armentón. Tlf 981640238
Centros de Educación Infantil e Primaria
- CEIP Arteixo. Avda. Arsenio Iglesias, 33 B. 15142. Arteixo. Tlf 981641284
- CEIP Ponte dos Brozos. Avda. Arsenio Iglesias, parcela 34. 15142. Arteixo. Tlf 881960506
- CEIP Galán. Rúa Miguel de Cervantes, 21. 15141. Oseiro. Tlf 881880903
- CEIP San Xosé Obreiro. Travesía de Meirás, s/n. 15008. Meicende. Tlf 881880214