Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A Xunta licita a primeira fase das obras de saneamento en Monteagudo

PUBLICACIÓN

A Xunta licita a primeira fase das obras de saneamento en Monteagudo

8 Feb, 2024 | NOTICIAS

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou hoxe por 463.352 euros, as obras de execución da primeira fase do saneamento na parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 8 de marzo. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses.

A actuación ten como obxectivo dotar de servizo de saneamento á totalidade das vivendas da parroquia de Monteagudo, enlazando coa rede existente.

A solución proxectada é unha rede de ramais de saneamento que colecte as augas residuais das vivendas non conectadas actualmente á rede municipal.
As obras prevén dar servizo ás vivendas situadas na parte alta do núcleo mediante a execución dun novo colector que se conecte coa rede existente, substituíndo o actual, que presenta problemas de cotas.

No núcleo do Coto conectarase a rede de colectores coa rede existente.

En Vilela, A Rocha, A Perillona e A Ibia, executaranse ramais que dotarán de conexión o bombeo existente na área recreativa dos Barreiros. Existe un cruzamento co rego das Ibias, que precisará da execución dun bombeo previo para salvar o cruce.

No núcleo do Freixal acometerase un ramal que conectará coa rede existente por gravidade.

Finalmente, nos núcleos da Casanova e Ramilo, prevense dous ramais de colectores por gravidade que confluirán no punto baixo onde se proxecta un bombeo que o conectará coa rede existente.

Estes traballos enmárcanse no convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Arteixo, cun orzamento de 545.000 euros. A Xunta achega o 80% do investimento, 436.000 euros; e o Concello financiará o 20% restante, 109.000 euros.

A execución dos traballos será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020.

 

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido