A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo, a 2ª edición dun Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores.
Ciencia, saúde ou arte e patrimonio son os eixes principais do programa.
Será nos meses de outubro e novembro próximos no Centro Cívico Cultural.
A inscrición, que é gratuíta e non precisa de estudos previos, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Arteixo (universidadesenior.org/arteixo/) ou presencialmente a través Departamento de Educación do Concello de Arteixo, dende o 11 de setembro ata o 1 de outubro.