O Centro Social de Vilarrodís converterase, do 18 ao 23 de xullo, no epicentro do xadrez galego coa celebración do XXIV Aberto de Arteixo, torneo clásico a 7 roldas valedeiro para ELO FIDE e puntuable tanto para o XXXVI Circuito Galego coma para o IX Circuito Deputación da Coruña.
Agárdanse arredor de 50 xogadores chegados de toda Galicia e tamén de fóra, con varios mestres xa inscritos, nun evento que continúa a medrar edición tras edición. O torneo conta co patrocinio do Concello de Arteixo e a colaboración da Deputación da Coruña, Fegaxa e Deporte Galego.
Ademais, o sábado 19 de xullo pola mañá celebrarase tamén no mesmo espazo o XVIII Memorial Miro, torneo de xadrez lóstrego tamén valedeiro para ELO, que reunirá entre 50 e 60 participantes.
O Memorial Miro conta co apoio de empresas locais como Aluman, Gadis, Excavaciones J. Cancela, Incoplancor, Construcciones Avanza, Sport’s Café, Grabados Calvo e Trina, amosando unha vez máis o compromiso do tecido empresarial arteixán co deporte da mente.
Para máis información e inscricións:
📧 xadrezarteixo@gmail.com
📱 617 234 393