Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A sección da Escola Oficial de Idiomas en Arteixo amplía a súa oferta

/ A sección da Escola Oficial de Idiomas en Arteixo amplía a súa oferta

O labor como servizo público dependente da Consellería de Educación da sección da EOI en Arteixo, está a ser validado pola consolidación de prazas nos últimos anos e  como consecuencia directa amplía a súa oferta educativa:

  • Cursos de árabe e alemán do nivel A1 (básico).
  • ​Continúan os cursos de inglés presenciais e certificativos, dende o nivel A1 (Básico) até o C1 (Avanzado).
  • Introdúcense cursos de destrezas en inglés, en concreto, cursos de conversa de niveis B2 (Intermedio) e C1 (Avanzado)

As datas para os procesos administrativos tanto da matrícula para a proba de clasificación, como para  a preinscrición do alumnado novo nos diferentes niveis son dende mediados de xuño até principios de xullo dependendo do caso.

Aconséllase consultar toda a información no enderezo web da sección AQUÍ , ou chamando ao teléfono  698128017.

Ir al contenido