Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A rúa Sevilla de Meicende será peonil

PUBLICACIÓN

A rúa Sevilla de Meicende será peonil

13 Mar, 2023 | NOTICIAS

O concello acometerá neste primeiro semestre do ano unha urbanización da zona de Meicende onde conflúen as rúas Sevilla e Codeseira.

A primeira actuación será a peonalización da rúa Sevilla. Só poderán acceder os vehículos dos residentes. Trátase dunha rúa de só catro metros de ancho onde xa non existía aparcamento debido ás súas dimensións. Agora evitarase o paso de todos os vehículos que non sexan residentes para mellorar a seguridade da rúa. Na mesma obra urbanizarase tamén unha zona onde desemboca a rúa Sevilla como aparcamento. O concello marcará as prazas e ampliará a chaira coa cesión que conseguiu por parte do propietario do solar contiguo á chaira. Esta obra supoñerá un investimento de preto de 40.000 euros.

A seguinte actuación na zona, unha vez estea finalizada esta obra, será a urbanización do tramo final da rúa Codeseira. Esta rúa carece de beirarrúa no seu tramo final, polo que o concello ampliará a rúa e construirá un tramo de beirarrúa ata a confluencia co aparcamento citado máis arriba. Esta actuacións mellorarán o tránsito peonil e de vehículos, nunha zona na que faltaba completar a urbanización destas rúas.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido