A piscina de Meicende gardará, para xeracións vindeiras, os recordos que nunha furna depositaron hoxe os membros da Asociación de Veciños de Meicende, do clubes deportivos de Pastoriza e Meicende. Tamén o Concello, da man do alcalde, deixou un recordo da corporación municipal.
Trátase dun acto institucional que pretende simbolizar o agradecemento dos veciños a esta demanda histórica da zona.
A nova piscina estará rematada a principio de 2022 e comezará a funcionar a mediados dese ano baixo a fórmula de prestación de servizos. O executivo local quere unificar a forma de xestión desta piscina coa de Arteixo cando ésta finalice a súa concesiòn actual en 2025.
O Concello destina 4.175.000 euros á construcción do edificio e 773.000 euros á urbanización da nova zona verde.