O concello abre en xuño o prazo para solicitar axudas para a instalación de ascensores. A xunta de goberno tamén aprobouo pago da nova quenda de subvencións destinada a que os edificios que carezan deles poidan instalalos.
Serán sete edificios os beneficiados e os que presentaron a documentación necesaria para facer a obra. Nos cinco últimos anos foron 53 os edificios beneficiados por esta liña de subvencións. que chegaron aos 927.000€.
A liña inclúe subvencións para a instalación de ascensores, salvaescaleras, ramplas e outros dispositivos de accesibilidade. As axudas para a instalación de ascensores serán de 20.000 euros por comunidade de veciños; e a liña de subvencións para salvaescaleras e ramplas de 6.000 euros.
Os edificios que poderán optar a esta liña de subvencións terán que ter como mínimo baixo e dúas alturas. As subvencións daranse a todas as comunidades de propietarios de Arteixo que as soliciten e presenten a documentación requirida. As novas subvencións municipais serán acumulables coas subvencións doutras administracións como pode ser a Xunta ou o Estado. O concello de Arteixo comprobará a correcta aplicación das contías outorgadas a través dos servizos técnicos competentes e as subvencións abonaranse á finalización da obra.