Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias e ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores
do Concello durante as vacacións escolares de Semana Santa. É o obxectivo xenérico dos campamentos que para este período ofrece, un ano máis, a Concellería de igualdade, servizos sociais, sanidade e Educación.
A oferta de campamentos inclúe actividades diferentes no campamento «concilia» e no «laboratorio musical»
As personas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través do correo electrónico educacion@arteixo.org do 1 ao 14 de marzo. Deberán poñer no asunto «campamento semana santa 2024» e adxuntar este formulario de inscrición . O prazo de formalización de matrícula será do 18 ao 20 de marzo.