O Festival Folk de Sisalde en Arteixo aprázase debido as predicións meteorolóxicas que anuncian unha borrasca para este fin de semana.
O festival tiña previsto celebrarse este sábado na fraga de Sisalde, e incluía unha romería popular durante o día, -coa presencia de artesanos, bandas de gaitas e establecementos de comida-, e actuacións na tarde-noite das bandas Luar na Lubre, Astarot e D’Urria.
O concello trasladará o festival para outra data que se comunicará proximamente.