Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A lei estatal de residuos obriga ao concello a establecer novos valores no recibo do lixo

PUBLICACIÓN

A lei estatal de residuos obriga ao concello a establecer novos valores no recibo do lixo

23 Oct, 2024 | NOTICIAS, NOTICIAS PLENOS

O fin da moratoria no cumprimento da Lei de residuos e solos contaminados para unha economía circular (Lei 7/2022) aumentará a partir do 2025 o custo da xestión de residuos, penalizado aínda máis todos aqueles residuos que acaban depositados na fracción resto.
A moratoria desta normativa estatal finaliza o próximo abril, xa que a lei promulgouse en abril de 2022, pero non era de obrigado cumprimento ata abril do 2025. As súas disposicións penalizan e encarecen a xestión de todos aqueles residuos que non se reciclan, que no caso de Arteixo acaban depositados na fracción resto.
Esta situación obriga ao concello, do mesmo xeito que a outros organismos públicos como SOGAMA, a elevar o custo do recibo.
Actualmente o recibo semestral doméstico (o que pagan os veciños, xa que as actividades empresariais teñen outras tarifas) que se pasa aos domicilios cada seis meses é de 49,63 euros, e pasará a custar 53,73 euros se o veciño acóllese a unha bonificación por participar nun programa ambiental (por exemplo, o programa municipal de composteiros) ou a 63,54 euros se non participan en ningún programa ambiental.
O concello iniciará no 2025 o programa de peche dos contedores de orgánico, que supoñerá que os veciños que queiran depositar a fracción orgánica nese contedor deban abrilo cun dispositivo (chave ou tarxeta) que se lles facilitará se se inscriben nun programa ambiental, para que poida controlarse de forma personalizada que depositen a fracción de orgánico correctamente separada. A participación neste programa ambiental supoñerá unha rebaixa do 15% no recibo. Todas estas medidas están impulsadas pola citada lei estatal. Todas estas medidas serán aprobadas no próximo pleno municipal.
Hai que lembrar que Arteixo municipalizou o servizo de recollida de residuos en 2018 e foi o primeiro concello de Galicia en instalar novos illotes de contedores de cinco contedores adaptadas aos parámetros de reciclaxe que pide a Unión Europea. Os novos illotes reforzaron a reciclaxe das cinco fracciones principais de residuos: restos orgánicos, vidro, papel-cartón, envases lixeiros e a denominada fracción resto que inclúe aqueles elementos que non entran nas outras fraccións e tamén está destinada a aqueles veciños que non puidesen separar os seus residuos domésticos.
No mesmo pleno tamén se aprobará unha subida do tipo que se aplica ao IBI das industrias, que pasará do 0,40% ao 0,55%, o que supoñerá unha subida do 15% nese IBI industrial que en cumprimento da lei que regulan este tipo de impostos pode ser aplicado ao 10% dos inmobles industriais que teñan maior valor catastral, o que supón un aumento ás 77 maiores industrias de Arteixo, que ten un censo de 773 inmobles industriais.
O concello recadará 514.000 euros máis ao ano con esta medida.
No pleno ordinario tamén se aprobará a subida de carácter anual no recibo da auga, que este ano será dun 5% para recoller o IPC do último ano e a subida que experimentaron as materias primas. No recibo trimestral da auga supoñerá unha subida de pouco máis dun euro, pero servirá para cumprir a lei estatal que obriga a que os servizos públicos estean en equilibrio económico.
Outro punto do pleno será a aprobación do auto de homologación ditado polo xulgado mercantil nº2 que recolle un acordo extraxudicial entre o concello de Arteixo, representado polo despacho de avogados Graíño e Freire, e a administración concursal da empresa Augarsa.
Esta empresa mixta formada polo concello e a multinacional Aqualia deixou de funcionar tras a municipalización do servizo en 2013. O concello cobrara a través dun acordo extraxudicial 7,5 millóns de Aqualia, e con este novo acordo pagará 991.000 euros que Augarsa, como empresa mixta, aínda debía a acredores que eran provedores e empresas que traballaron no seu día con Augarsa.
Con este pago das débedas pendentes, Augarsa queda definitivamente extinguida como empresa.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido