Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A Gala do Deporte da a coñecer os nominados para o ano 2022

/ A Gala do Deporte da a coñecer os nominados para o ano 2022

Desde o Concello de Arteixo, conscientes de que o deporte é un fenómeno universal que cobra cada vez máis relevancia na nosa sociedade, faise un esforzo importante en políticas deportivas e no desenvolvemento de distintos programas, para achegar a toda a cidadanía á práctica da actividade física e o deporte.

Froito de todo este traballo o tecido asociativo deportivo local medra ano tras ano para dar resposta ás inquedanzas e demandas da veciñanza, complementando os servizos de utilidade pública e interese social que debe prestar o Concello dentro das súas competencias.

Tratando de resaltar e valorar a labor deportiva dos nosos organismos, institucións públicas, entidades privadas e persoas que dalgún xeito contribuíron de forma notoria a engrandecer e ampliar a práctica deportiva da nosa localidade, vaise celebrar o vindeiro 2 de decembro a Gala do Deporte de Arteixo 2022. Por iso, convócanse premios entre os deportistas e persoas relacionadas co mundo do deporte en Arteixo, cunha traxectoria deportiva relevante, tratando de resaltar a labor deportiva e o traballo realizado de todos os que dalgún xeito fan do deporte o centro das súas vidas.

A Gala do Deporte de Arteixo quere reunir ás persoas e entidades do deporte da nosa vila ao redor dun día de festa. Por iso, convócanse estes premios entre os deportistas e persoas relacionadas co mundo do deporte en Arteixo, cunha traxectoria deportiva relevante, tratando de resaltar a labor deportiva e o traballo realizado de todos os que dalgún xeito fan do deporte o centro das súas vidas. Esta convocatoria é realizada pola Concellería de Deportes do Concello de Arteixo e valoranse os logros e méritos conseguidos na tempada 2021/2022.
A gala do deporte de Arteixo 2022 celebrarase o vindeiro venres 2 de decembro as 20.00 h no pazo de deportes de Arteixo.

A entrada ao evento é por invitación que poderá recollerse no Pazo dos Deportes desde o luns 28 de novembro ata completar o aforo.

Os nominados na gala do deporte de Arteixo 2022 son os seguintes, logo da reunión do xurado do pasado martes 22 de novembro.

Ir al contenido