A concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, Inés Ramos, visitou aos nenos e nenas que inician hoxe os servizos de comedor escolar e mañanceiros na EEI Vilarrodís, que se puxo en funcionamento hoxe por primeira vez dende o inicio da escola.
O Concello Arteixo acondicionou un espazo da escola destinado a comedor para que os 26 alumnos e alumnas matriculados este curso na EEI Vilarrodís poidan contar con este servizo de conciliación para as familias, que será xestionado pola ANPA.
Paralelamente, o Concello hoxe tamén puxo en funcionamento na mesma escola, o servizo de Mañanceiros, que consiste nunha atención para aquel alumnado que necesita estar no centro antes do horario lectivo e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios previos á xornada escolar.
Ademáis destes servizos, este curso o Concello ampliou considerablemente a oferta de actividades extraescolares fóra do horario lectivo do centro, cunha oferta de activides de luns a venres coas seguintes modalidades: xogos psicomotrices, idioma estranxeiro, baile galego, taller de ciencia-investigamos, música, xogando, taller de arte, pandeireta e baile moderno.
Con estas iniciativas, dáse resposta ás demandas de conciliación e así o alumnado das EEI da zona pode beneficiarse dos mesmos servizos de conciliación ca o alumnado dos CEIPs de referencia.