QUE FACER?

VEN

Arteixo conta cos servizos necesarios para ofrecer os seus visitantes a mellor das experiencias. Se atopa ven comunicado, con numerosos sitios onde aloxarse e unha amplia oferta gastronómica … Todo isto dentro de un marco inmellorable para facer da nosa estancia un momento inesquecible.

SENTE

En Arteixo existen propostas para organizar os mellores plans en parella, en familia, en solitario ou en grupo para que poidas convertir a túa estancia nunha experiencia que contar.

COÑECE

En Arteixo existen propostas para organizar os mellores plans en parella, en familia, en solitario ou en grupo para que poidas convertir a túa estancia nunha experiencia que contar.

INICIO > A cociña local protagoniza unha nova edición do calendario municipal

O Concello de Arteixo, a través súa Concellaría de Turismo que dirixe Patricia Amado convoca un ano máis o seu Concurso Fotográfico co obxecto de que as fotografías gañadoras se recollan no Calendario Municipal do ano 2022.

O obxectivo do Concello con este concurso fotográfico é ilustrar o calendario  municipal do 2022 coas imaxes gañadoras. Este ano a temática será a gastronomía e os alimentos,. Algúns exemplos podería ser un bodegón con produtos da zona; alguén cociñando ou unha imaxe dunha comida familiar ou con amigos. Nas redes sociais identificaremos este concurso co hastag #ArteixoEstáParaComelo

Os participantes terán que enviar a imaxe en calidade e formato suficiente ben a través deste formulario ou a través das ligazóns nas publicacións que se farán nas diferentes redes sociais do Concello.

O prazo de presentación de fotografías iniciarase hoxe e rematará o día 17 de outubro ás 23:59 h. Durante este prazo os usuarios poderán votar a súa imaxe favorita sendo o voto popular unha das puntuacións que xunto cos votos do xurado decidirán os gañadores do concurso.

Aparte do recoñecemento de formar parte do calendario 2022, repartiranse un total de 1.900€ en premios, sendo 500€ para a foto que máis puntos totais obteña, 300 € para a segunda, 200€ para a terceira e 100€ para as nove seguintes clasificadas.

Consulta aquí as Bases de Participación do Concurso

O concello elaborou un cartel promocional no que aparecen un grupo de cociñeiros e restauradores de Arteixo na praia de Barrañán nunha divertida imaxe na que están tirando polos dous extremos dunha paellera.

 

 

 

 

 

 

Ir al contenido