Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A capela do Balneario será restaurada para se converter nun espazo socio-cultural

PUBLICACIÓN

A capela do Balneario será restaurada para se converter nun espazo socio-cultural

26 Oct, 2022 | NOTICIAS

Arteixo recibe 200.000€ do Fondo de Recuperación da Unión Europea que servirán para transformar a capela do Balneario nun espazo socio-cultural multiusos.

O Concello presentou o proxecto a estes fondos que onte foron aprobados, e que terá un coste cercado ao medio millón de euros.

A capela é un dos tres espazos do Balneario de Arteixo. Os outros son o edificio da baixo máis dúas plantas que era o antigo hotel e o edificio adicado ás augas termais. O terceiro é a capela que agora pasará a licitación.

O Concello xa iniciara este ano as obras do balneario coas obras do complexo do Balneario co inicio da reforma da planta baixa e o xardín.

Os traballos consisten na reforma do espazo da planta baixa, duns 400m2; e o recinto do xardín exterior no que se instalarán unha nova zona verde e gradas que se usarán posteriormente para a realización de eventos no exterior.

Trátase da primeira fase das obras de reforma do edificio que suma un total de 1800m2. As obras terminarán este ano e servirán para a planta baixa alebergue unha gran ludoteca, un espazo para a teceira idade; e o xardín exterior.

A segunda parte dos traballos servirá para adecuar o segundo e teceiro pisos e o edificio anexo onde haberá unhas termas públicas.

A compra do balneario por parte da Fundación Amancio Ortega por tres millóns de euros, é a culminación do plan municipal que se puxera en marcha en marzo de 2021 e que o alcalde calificou como un «feito histórico» .

 

 

Ir al contenido