Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A asociación de veciños de Suevos, o concello de Arteixo e a Autoridade Portuaria mantiveron unha reunión para tratar diversos temas en común

PUBLICACIÓN

A asociación de veciños de Suevos, o concello de Arteixo e a Autoridade Portuaria mantiveron unha reunión para tratar diversos temas en común

8 May, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo, a Autoridade Portuaria e a asociación de veciños San Gregorio de Suevos mantiveron esta semana unha reunión a tres bandas no concello no que trataron diversos temas que afectan os veciños en relación coas infraestruturas que se están construíndo para mellorar a conectividade do Porto Exterior de Arteixo.

O punto máis urxente é a restitución de varias sendas peonís que substitúan ás que se eliminaron recentemente debido ás obras do tren ao Porto Exterior de Arteixo. A  Autoridade Portuaria xa mantivo conversacións coa empresa adxudicataria da obra do tren para que acometa as obras necesarias para recuperar, e mesmo mellorar, as sendas peonís preexistentes, e que por motivos técnicos tiveron que ser eliminadas temporalmente. A asociación de veciños agradeceu a boa disposición da Autoridade Portuaria para resolver este problema.

Na reunión tamén se tratou a necesidade de construír unha nova ligazón por estrada coa autovía do Porto Exterior de Arteixo. Tanto o concello como a asociación de veciños ven prioritario a construción dunha ligazón que elimine o tráfico pesado que atravesa a parroquia. Esta infraestrutura situaríase entre o campo de fútbol de Suevos e o novo acceso ferroviario. A competencia desta obra correspondería ao Estado. Outro tema que se tratou dentro do clima de colaboración que sempre presidiron as reunións entre a asociación de veciños, o concello e a Autoridade Portuaria foi a posibilidade de que a Autoridade Portuaria colaborase no financiamento das melloras da denominada Fraga de Suevos para convertelo nun gran parque forestal.

Ir al contenido