Un ano máis o concello de Arteixo pon a disposición do alumnado da EMMArteixo que cursa algunha disciplina instrumental, un banco de préstamo de instrumentos.
As solicitudes presentadas serán valoradas pola comisión de valoración, que determinará os préstamos a conceder para o curso 2026-2027. Pode descarregar o modelo de solicitude necesario neste enlace
O prazo é do martes 1 de setembro ao martes 15 de setembro de 2026
Dónde presentar a solicitude
Presencialmente: No rexistro do Departamento Municipal de Educación: Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia), de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Telemáticamente: a través do rexistro da Sede electrónica municipal.
Documentación a achegar:
– Modelo normalizado de solicitude debidamente cumplimentado e asinado (achégase neste e-mail)
– Fotocopia do DNI do/a alumno/a (sempre que o teña).
– En caso de alumnado menor de idade: fotocopia do DNI dos proxenitores e libro de familia.
Máis información:
Departamento Municipal de Educación
Avda. dos Bosques, 16 Baixo (entrada por R/Ría de Noia)
981 659 121 – 981 659 122
educacion@arteixo.org