Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Servizos > Turismo

/ Turismo

Turismo Arteixo

O Concello de Arteixo está situado na provincia da Coruña, no extremo máis occidental do Golfo Ártabro, onde se insiren as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, reflexo dun territorio que puido estar poboado polos Ártabros ou Arrotrebas.

Arteixo linda coa cidade da Coruña e tamén é a porta de entrada cara a Costa da Morte, cuxa impresionante natureza é un dos reclamos mellor gardados de Galicia.

Mapa Concello de Arteixo 

O territorio arteixán é un lugar de paso para acceder á vila de Caión compartindo o camiño que percorren milleiros de persoas romeiras ao seu Santuario da Virxe dos Milagres.

Para achegarse a Arteixo temos a autovía estatal do Noroeste A-6 que se achega á coñecida rotonda de Sabón. Desde A Coruña hai varias opcións. Unha delas é a estrada autonómica AC-552 A Coruña – Fisterra (por Vilarrodís), outra é elixir a estrada municipal AC-415 ao seu paso por Meicende e Pastoriza. Tamén temos a opción de circular pola autoestrada autonómica, de peaxe, A Coruña – Carballo AP-55 que conta cunha saída na rotonda de Sabón.

 Outras opcións vindo igualmente da Coruña son a estrada provincial CP-0512 O Campo – Birloque por Uxes ou a estrada provincial CP-0510 por Confurco-Uxes e ramal a Orro, entre outras.

Desde os Concellos de Culleredo e A Laracha, que lindan co de Arteixo, tamén hai accesos viarios con menos tránsito o que posibilita coñecer mellor a vida cotiá e o espazo rural arteixán.

A paisaxe de Arteixo é rica e variada. Combina espazos de interior cunha ampla franxa de litoral bañada polo Océano Atlántico o que lle confire a este municipio unha identidade e unha singularidade especial para gozar do tempo de lecer cos seus fermosos areais, calas ou cantís, completados con fermosos paseos na contorna do interior que permiten observar os valores etnográficos que este municipio posúe de seu.

 

Poboación

O municipio de Arteixo pertence ao partido xudicial da Coruña e dista 11 km da capital da provincia. Linda ao norte co Océano Atlántico, ao nordeste co Concello da Coruña, ao leste co de Culleredo, ao sur e sueste linda co Concello da Laracha e ao oeste, linda cos Concellos de Carballo e da Laracha (hai unha pequena franxa pola banda de Corteo – Monteagudo- que linda co Concello Carballo) e finalmente volve lindar co da Laracha pola banda de Caión.

Por mor das súas relacións económicas e funcionais está relacionado coa Mancomunidade de Municipios onde se integran, ademais de Arteixo, os concellos de Sada, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Culleredo, Carral e Cambre.

A súa superficie é duns 93,4 km2 e alberga dentro da mesma o Porto Exterior de Lagosteira. Lagosteira deriva do latín lacusta, variante do latín locusta ‘lagosta’, así que a súa denominación correcta segundo o seu étimo é LAGOSTEIRA.

Son trece as parroquias que o configuran: Armentón, Arteixo, Barrañán, Chamín, Lañas, Larín, Loureda, Monteagudo, Morás, Oseiro, Pastoriza, Sorrizo e Suevos. A día 29/09/2015 son 31.434 habitantes os que figuran no censo de poboación. Están moi poboados os núcleos de Arteixo, a capital, e os de Vilarrodís e Meicende inseridos nas parroquias de Oseiro e Pastoriza respectivamente.

Até hai pouco tempo a capital municipal era A Baiuca pero no ano 2001 a Comisión de Toponimia de Galicia estableceu a denominación oficial de todas as entidades de poboación do territorio municipal de Arteixo e aprobou a solicitude presentada polas autoridades locais para asignarlle o mesmo nome de Arteixo á vila da capital do concello, correspondente á localidade historicamente denominada A Baiuca (Arteixo e Onte a Hoxe) .

A partir dos anos sesenta a poboación deste municipio experimentou un notable crecemento por mor da construción do Polígono industrial de Sabón, que supuxo un cambio na súa dinámica económica que pasou de ser basicamente rural a sumarse ao sector terciario. Este revulsivo serviu de acicate para que moita xente nova se achegase a residir no municipio de Arteixo o que incidiu directamente no seu desenvolvemento económico e industrial.

Oficina de Turismo de Arteixo:

Avenida de Fisterra, s/n, 15142 Arteixo
676 181 204
turismo@arteixo.org

Horario de atención ao público:

Queremos informarlles que a Oficina de Turismo estará pechada durante a tempada de inverno.

O noso equipo traballa arduamente durante a tempada estival para proporcionarlles a mellor asistencia e guía na súa visita. Por tanto, estaremos encantados de recibilos novamente na nosa oficina de turismo na tempada de verán.

A continuación, atopará o horario de atención durante a tempada de verán:

De martes a sábado de 11:00 – 14:00
Mércores e venres de 16:00 -20:00

 

 


Oficina de Turismo de Arteixo

Museo Mar de Sorrizo:

O museo está ubicado na agreste e marabillosa costa de Sorrizo. Nun antiguo centro de investigación mariña dos anos 80, convertido nun centro de interpretación da Rede Natura Costa da Morte. Espazo polivalente e divulgativo con zona de exposición e zona para charlas didácticas. Conserva o foso de unha das piscinas reconvertido nun pequeno auditorio. Está ó pe do mar polo que é un miradoiro impresionante da costa de Arteixo.

Horario de visita do Museo Mar de Sorrizo:

Martes, Xoves e Sábado de 16:00 – 20:00

Nada de interese nesta sección

Non existen publicacións nestes momentos

Noticias de turismo arteixo

Mar De Sorrizo. Exposición Da Historia Do Mar

Dentro do proxecto, impulsado polo concello de Arteixo e financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do mar, a través das axudas xestionadas polo GALP Golfo Ártabro Sur, estase a traballar na exposición permanente de paneis...

Mar De Sorrizo. Imaxe Gráfica Do Mar De Sorrizo

O concello de Arteixo presenta a imaxe gráfica creada para o museo Mar de Sorrizo, actuación enmarcada dentro do proxecto “Mar de Sorrizo”, impulsado polo concello de Arteixo e financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do mar,...

A Praza do Balneario acolle o tradicional magosto do concello

O Departamento de Turismo celebra, un ano máis, o seu tradicional magosto que ademáis serve de irmanamento do concello leonés de Balboa. Será o venres 10 de novembro na Praza do Balneario entre as 17 e as 19h. Haberá reparto de castañas e música a cargo do grupo...

Entérate do que pasa en Arteixo!

Descarga a App de Turismo e Comercio de Arteixo.

Ir al contenido