Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Apertura do período de pago voluntario da taxa de lixo do segundo semestre de 2025

PUBLICACIÓN

Apertura do período de pago voluntario da taxa de lixo do segundo semestre de 2025

6 Feb, 2026 | NOTICIAS, TABOLEIRO DE ANUNCIOS

Desde o 11 de febreiro ata o 15 de abril de 2026, ambos inclusive, permanecerá aberto o prazo para o pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao segundo semestre do exercicio 2025.

Para aqueles veciños e veciñas que teñan o recibo domiciliado, o cargo na conta bancaria realizarase o vindeiro 18 de febreiro de 2026.

No caso de non recibir o recibo no domicilio ou de non ver reflectido o cargo bancario na data sinalada, as persoas interesadas deben poñerse en contacto cos servizos tributarios do Concello a través do teléfono 981 600 009. Deste xeito, facilitarase un duplicado do documento para poder facer fronte ao pago antes da finalización do prazo.

Lémbrase a importancia de cumprir cos prazos establecidos, xa que, unha vez finalizado o período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía executiva coas correspondentes recargas legais.