Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais

/ Curso de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais

O Concello dabre o prazo de inscrición para un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais, que contará con 25 prazas e desenvolverase na Piscina Municipal entre o 31 de outubro de 2025 e o 21 de marzo de 2026.

O programa suma un total de 240 horas, das que 120 corresponden á proba específica de acceso e outras 120 á formación teórica e práctica. Os contidos inclúen módulos sobre prevención de riscos, intervención e rescate en espazos acuáticos, ademais de primeiros auxilios.

As solicitudes deberán presentarse entre o 13 e o 17 de outubro, de xeito presencial no Departamento de Promoción Económica (Centro Arteixo Innovación) ou a través da Sede Electrónica municipal

Poderán participar persoas maiores de idade con título de ESO ou superior, empadroadas en Arteixo. En caso de quedar prazas vacantes, poderán acceder tamén solicitantes doutros municipios. A formación é gratuíta e non dá dereito a percepción de axudas económicas.

A proba práctica de selección, que consistirá en diferentes exercicios acuáticos de nado, flotación e resistencia, está prevista para o 25 de outubro de 2025.

Convocatoria e inscrición

Ir al contenido